URBTOPÍAS

URBTOPÍAS

Marcada na liña do horizonte, a Utopía é ese lugar cara onde camiñar soñando novos xeitos de vivir e de entender a sociedade. Un soño que sempre considerou a cidade como o espazo ideal onde poder materializar novas URBTOPÍAS que a través da arquitectura, o deseño e o urbanismo imaxinaran cidades alternativas e outras formas de habitar e relacionármonos.

A construción dunha Urbtopía significa soñar, máis tamén arriscar, aceptar os desafíos, concretar e marcar o rumbo que a faga realidade.

En Pontevedra queremos ser punto de ENCONTRO, DEBATE e REFLEXIÓN sobre o futuro dos espazos que habitamos e converter as nosas URBTOPÍAS en CIDADES POSIBLES.


Concello de PontevedraDeputación de Pontevedra

Sexto Edificio do Museo de Pontevedra | Rúa Padre Amoedo Carballo, 3

ENCONTROS
As cidades posibles

News 22 nov19:00 h
TRANSFORMACIÓNS URBANAS E CALIDADE DE VIDA

Diálogo entre Joan Clos, ex-Director executivo de ONU-Hábitat e Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, sobre a influencia do espazo urbano no benestar das persoas. Encontro moderado pola xornalista Elisa Beni.

Ver máis
News 29 nov19:00 h
A CULTURA COMO MOTOR DAS CIDADES

Diálogo entre Lidia Blanco, especialista en xestión cultural en América Latina, Vicente Granados, Impulsor do Plan estratéxico de Málaga, Telmo Faria, ex-Alcalde de Óbidos e director do Festival literario Folio e Lola Dopico, directora de Estudos en Deseño téxtil e moda da Universidade de Vigo, sobre o poder da cultura para facer cidades máis prósperas e sostibles fomentando unha cidadanía formada, crítica e consciente. Encontro moderado polo xornalista Ramón Rozas.

Ver máis
News 11 dec19:00 h
PONTEVEDRA, A CIDADE QUE VÉN

Diálogo entre César Mosquera, vicepresidente da Deputación de Pontevedra e Fernando Nebot, enxeñeiro e redactor de numerosos Plans de Mobilidade e Accesibilidade Urbana para distintas cidades sobre as claves e conceptos que levaron a Pontevedra a converterse nunha cidade de referencia polo seu modelo urbano. Encontro moderado pola xornalista Fernanda Tabarés.

Ver máis
News 13 dec20:00 h
TRANSFORMACIÓNS URBANAS CON PERSPECTIVA DE XÉNERO

Diálogo entre Blanca Valdivia e Marta Fonseca da cooperativa de arquitectas, sociólogas e urbanistas feministas Punt 6, Oihane Ruiz, arquitecta especializada en Urbanismo e Teoría Feminista e Carme da Silva, tenente de Alcalde de Pontevedra, sobre o espazo público desde unha perspectiva feminista para planificar e facer cidades máis amables e seguras para as mulleres. Encontro moderado pola xornalista Susana Pedreira.

Ver máis
News 20 dec19:00 h
OS VALORES DA CIDADE

Conferencia de Joan Busquets, Arquitecto Urbanista, catedrático da Urban Planning and Design da Graduate School of Design da Universidade de Harvard (EE.UU.) e diálogo posterior con Anabel Gulías, politóloga e concelleira de Urbanismo, Centro Histórico e Promoción da Cidade do Concello de Pontevedra.

Ver máis

Participantes

Joan Clos
Joan Clos
Director Executivo de ONU-Hábitat (2010-2017)
Miguel Anxo Fernández Lores
Miguel Anxo Fernández Lores
Alcalde de Pontevedra
Elisa Beni
Elisa Beni
Xornalista
Speaker
Lidia Blanco
Especialista en cooperación e xestión cultural en América Latina
Speaker
Vicente Granados
Impulsor do Plan Estratéxico de Málaga
Speaker
Telmo Faria
Autor e coordinador do Programa Estratéxico da Rede de Cidades Creativas e Innovadoras
Speaker
Lola Dopico
Directora de ESDEMGA, Estudos en Deseño Téxtil e Moda da Universidade de Vigo
Speaker
Ramón Rozas
Xornalista
Speaker
César Mosquera
Vicepresidente da Deputación de Pontevedra
Speaker
Fernando Nebot
Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos
Speaker
Fernanda Tabarés
Xornalista
Speaker
Blanca Valdivia e Marta Fonseca
Col·lectiu Punt 6. Cooperativa de arquitectas, sociólogas e urbanistas feministas
Speaker
Oihane Ruiz
Arquitecta especialista en urbanismo e teoría feminista
Speaker
Carme Da Silva
Responsable da Área de Disciplina Urbanística do Concello de Pontevedra
Speaker
Susana Pedreira
Xornalista
Speaker
Joan Busquets
Arquitecto Urbanista, Catedrático da Urban Planning and Design da Universidade de Harvard (EE.UU)
Speaker
Anabel Gulías
Responsable da Área de Urbanismo, Centro Histórico e Promoción da Cidade do Concello de Pontevedra

ESCOLAS

Unha cidade que é boa para as crianzas, é boa para a cidadanía toda. Por iso para construír as URBTOPÍAS cómpre non só pensar nos nenos e nas nenas, senón tamén preguntarlles a súa opinión: Que é o que máis lle gusta da cidade? Que botan en falta? Como sería a súa cidade ideal? Como cidadáns de pleno dereito, pensar nas cidades posibles tamén é cousa de nenos. Por iso percorremos as escolas de Pontevedra recollendo opinións, testemuños e suxestións dos máis pequenos. Porque reflexionar, ao igual que xogar, é una cousa moi seria. E en Pontevedra sabemos ben, crianzas e adultos, que unha cidade boa para xogar é, sen dúbida, a cidade óptima para vivir.

Contacto

En Pontevedra queremos ser punto de ENCONTRO, DEBATE e REFLEXIÓN sobre o futuro dos espazos que habitamos e converter as nosas URBTOPÍAS en CIDADES POSIBLES.

22 e 29 novembro 2018 11, 13 e 20 decembro 2018
Séguenos