Encontros
As cidades posibles

As cidades posibles
22 nov
19:00 horas

TRANSFORMACIÓNS URBANAS E CALIDADE DE VIDA

Diálogo entre Joan Clos, ex-Director executivo de ONU-Hábitat e Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, sobre a influencia do espazo urbano no benestar das persoas. Encontro moderado pola xornalista Elisa Beni.

>>>JOAN CLOS

Joan Clos

Subsecretario xeral da ONU e Director executivo de ONU-Hábitat (2010 - 2017), o programa de Nacións Unidas responsable da promoción de cidades sostibles, resilientes e prósperas. Durante o seu mandato, liderou a elaboración da Nova Axenda Urbana e foi nomeado Secretario Xeral da Conferencia Hábitat III.

Alcalde de Barcelona entre 1997 e 2006, durante o seu mandato recibiu a medalla de ouro do “Royal Institute of British Architects” pola transformación da cidade e o Premio de Honor de ONU-Hábitat pola promoción da cooperación global entre as autoridades locais e as Nacións Unidas.

Foi presidente de Metrópolis, a rede internacional de cidades, da Asociación Mundial de Cidades e Autoridades Locais e do Comité Asesor das Nacións Unidas para Autoridades Locais. Foi ademais membro do Consello de Municipios e Rexións de Europa.

Antes de unirse ás Nacións Unidas, exerceu como Ministro de Industria, Turismo e Comercio entre 2006 e 2008, e como Embaixador en Turquía e Azerbaiyán.

No 2016, recibiu a medalla “Jane Jacobs” pola Fundación Rockefeller en recoñecemento ao liderado da Nova Axenda Urbana.

>>>MIGUEL ANXO FERNÁNDEZ LORES

Miguel Anxo Fernandez Lores

Médico pola Universidade de Santiago de Compostela, desempeña a súa labor profesional principalmente no Ambulatorio Virxe Peregrina de Pontevedra logo de exercer en Mosteiro e Samos (Lugo), onde se estrea como concelleiro do BNG. En 1987 é elixido como único representante do BNG en Pontevedra, ascendendo en número de apoios ata que en 1999 é proclamado alcalde da cidade, cargo no que permanece na actualidade. Baixo o seu mandato a capital obtivo numerosos galardóns polo seu modelo urbano, entre os que destacan, INTERMODES 2013 polo súa exemplar política de mobilidade intermodal, LEATHERSHIP IN ACTIVE DESIGN do Center for Active Design de Nova York como pioneira dun deseño urbano centrado nas persoas que promove os hábitos de vida saudable ou o ONU HÁBITAT ás Mellores Prácticas para Mellorar as Condicións de Vida.

>>>ELISA BENI - Moderadora do encontro

Elisa Beni

Xornalista, licenciada en Ciencias da Información pola Universidade de Navarra.

Con 23 anos, foi a directora de El diario de Ceuta, a máis xoven que tivo nunca un diario estatal, directora de emisoras da Cadena SER, redactora xefa de Diario 16 e subdirectora da revista Época. Dentro do campo institucional exerceu como directora de Comunicación do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid.

É especialista en información de Defensa e información xurídica.

Actualmente é colaboradora de opinión en Onda Cero “Julia en la Onda”, en La Sexta “Más Vale Tarde” e “La Sexta Noche”, Antena 3 “Espejo Público”, Telemadrid “Buenos Días, Madrid”, TV3 “Tot es mou”, ETB e columnista de eldiario.es e elnacional.cat, participando en todos os grandes programas de debate estatais nos últimos dez anos.

Autora das novelas Peaje de Libertad e Pisa mi corazón, dos manuais Manual de Periodismo Judicial e Comunicación Jurídica, o libro de non ficción La soledad del Juzgador e o ensaio La Justicia Sometida.