Encontros
As cidades posibles

As cidades posibles
29 nov
19:00 horas

A CULTURA COMO MOTOR DAS CIDADES

Diálogo entre Lidia Blanco, especialista en xestión cultural en América Latina, Vicente Granados, Director do Plan estratéxico de Málaga, Telmo Faria, ex-Alcalde de Óbidos e director do Festival literario Folio e Lola Dopico, directora de Estudos en Deseño téxtil e moda da Universidade de Vigo, sobre o poder da cultura para facer cidades máis prósperas e sostibles fomentando unha cidadanía formada, crítica e consciente. Encontro moderado polo xornalista Ramón Rozas.

>>>LIDIA BLANCO

LIDIA BLANCO

Licenciada en Filoloxía Semítica pola Universidade de Granada, doutora en Teoría Literaria na Universidade de Valladolid e Máster en Xornalismo e Comunicación da Ciencia da Universidade Carlos III de Madrid. Foi profesora na Facultade de Letras da Universidade de Bagdad (Iraq) e experta lingüística en Brasilia (Brasil). Especialista en cooperación internacional e xestión cultural en América Latina. Formou parte do equipo que creou a Casa de América e foi coordinadora cultural desa institución ata o ano 2000. Estivo vinculada á Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo AECID e dirixiu os Centros Culturais de España en San Xosé (Costa Rica), Bos Aires (Arxentina), o Centro de Formación de Cartaxena de Indias (Colombia) e foi Coordinadora Xeral de Cooperación ao Desenvolvemento para Venezuela e CARICOM en Caracas. Actualmente, como experta independente traballa en diferentes iniciativas con institucións como o Museo Centro de Arte Reina Sofía ou o concello de Madrid, entre outros.

Entre os proxectos que realizou destacan:

Cruce de Soledades. Soledades urbanas y malestares contemporáneos.

Simbiogénesis. Nuevas formas de entender la gestión cultural.

La investigación científica entre la ética y el poder

Insubordinadas: Encuentro árabe-iberoamericano de cineastas

Pre-textos para reflexionar sobre racismo desde una perspectiva afrodescendiente

ODS: ¡Riqueza extrema! ¿Un reto para qué desarrollo?

Un lugar bajo el sol. Espacios para las prácticas creativas

NETART.IB. Arte en la red desde Iberoamérica

Muntadas/Bs.As. Atención: la percepción requiere participación.

>>>VICENTE GRANADOS

VICENTE GRANADOS

Licenciado e Graduado en Ciencias Políticas, Económicas e Comerciais pola Universidade de Santiago de Compostela e Master of Arts Urban and Regional Studies pola London School of Economics. Doutorado en Urban and Regional Studies pola Universidade Birmingham e Doutorado en Economía pola Universidade de Málaga, institución da foi vicerreitor e da que actualmente é profesor.

Foi Secretario Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Junta de Andalucía, Presidente do Observatorio Territorial e Secretario Xeral para o Turismo desa comunidade.

En 1995 recibiu o Premio Andaluz de Investigación sendo Director do Plan estratéxico de Málaga. Foi, ademais, asesor-consultor da Organización Mundial de Turismo ata 2003 nos ámbitos de Turismo Ambiental e Cultural.

>>>TELMO FARIA

TELMO FARIA

Mestre en Historia e Investigador do Instituto de Historia Contemporánea da Facultade de Ciencias Sociais e Humanas da Universidade Nova de Lisboa. Membro do Consello Consultivo da Faculdade de Letras da Universidade de Coimbra.

Alcalde de Óbidos (Portugal) entre 2002 e 2013, exerceu como coordinador da Rede Europea Creative Clusters en territorios de Baixa Densidade e como Membro da Rede Europea Creative Spin, así como representante electo dos 100 municipios da Rexión Centro de Portugal para o grupo de Elaboración da Estratexia de Especialización Intelixente.

Membro do Consello de Márketing de Turismo Centro de Portugal, realizou a coordinación e autoría do programa estratéxico da Rede de Cidades Creativas e Innovadoras.

É Fundador de Carbono 21, Lda-Turismo Sostible e Creativo e Consultoría Estratéxica, propietaria das marcas Rio do Prado, The Maker Man, The Literary Man Óbidos Hotel e The History Man.

Presidente da Sociedade Vila Literaria, Asociación Cultural, co-organizadora do Festival Literario Internacional de Óbidos, FOLIO.

>>>LOLA DOPICO

LOLA DOPICO

Doutora en Arte e profesora na Facultade de Belas Artes de Pontevedra nas áreas de deseño e tecnoloxía. Actualmente é Directora de ESDEMGA, Estudos en Deseño Téxtil e Moda da Universidade de Vigo e desde 2017 responsable tamén da posta en marcha e coordinadora do Máster Universitario en Deseño e Dirección Creativa en Moda da mesma universidade.

No ámbito da investigación lidera, desde 2005, o Grupo Tracker Laboratorio Visual, sendo Investigadora Principal de diversos proxectos centrados no ámbito do deseño como: Intersecciones de las formas productivas artesanales con la cultura digital como vía para el diseño contemporáneo, Estudio de la persistencia de las formas tradicionales y de los procesos artesanales en el diseño contemporáneo e El diálogo entre Moda y arquitectura como espacio significante de creación.

Entre as súas últimas publicacións destacan as relacionadas co estudo do deseño de moda: Distinguirse? Algunas notas sobre actualidad y diseño de moda en Galicia, Con-Fío en Galicia, Designers em diálogo com a tradição: Inovação e identidade cultural, Pesquisas em design, gestão e tecnologia de Têxtil e Moda, Hacer, diseñar, pensar. Tamén é autora de: Piezas, experimentos y caminos del diseño, El diálogo creador. Diseño y tradición cultural, La cultura del proyecto y el saber hacer, un paso más allá del diálogo, El retorno al origen. La innovación en el diseño y la artesanía, A Terra na Orixe e Habitaciones y hábitos: Reflexiones sobre la moda y la arquitectura.

Desde 2007 é directora de DEBUT, encontro de exhibición de creación e moda que se celebra en Pontevedra, sendo unha das citas anuais máis destacadas dentro do calendario dos eventos deste sector. Ademais, exerce o comisariado de múltiples exposicións no ámbito da cultura do deseño e a moda.

>>>RAMÓN ROZAS - Moderador do encontro

RAMÓN ROZAS

Licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela. Responsable do departamento de Arquivo e Documentación do Diario de Pontevedra, ademais de facerse cargo das áreas de crítica artística, cinematográfica e literaria, coa realización de diferentes proxectos expositivos e culturais en diversas institucións de Galicia.

Os seus textos forman parte de iniciativas editoriais coma o suplemento cultural Táboa Redonda (Diario de Pontevedra/El Progreso de Lugo) e o do suplemento dixital Los diablos azules (Infolibre), recollendo todos os seus textos no blog “ramonrozas.blogspot.com”.