Diálogo entre César Mosquera, vicepresidente da Deputación de Pontevedra e Fernando Nebot, enxeñeiro e redactor de numerosos Plans de Mobilidade e Accesibilidade Urbana para distintas cidades sobre as claves e conceptos que levaron a Pontevedra a converterse nunha cidade de referencia polo seu modelo urbano. Encontro moderado pola xornalista Fernanda Tabarés.
>>>CÉSAR MOSQUERA
Licenciado en Matemáticas e Pedagoxía, é concelleiro en Pontevedra e Deputado provincial desde 1991. A partir de 1999 forma parte do goberno municipal de Pontevedra, onde desenvolveu distintas responsabilidades nos ámbitos do urbanismo, a ordenación do territorio e as infraestruturas.
Actualmente é responsable da área de Ordenación do Territorio, Infraestruturas e Mobilidade, Vice-Presidente da Deputación de Pontevedra e responsable do Plan Revitaliza de tratamento dos bioresiduos.
Coordinador do libro Pontevedra, outra mobilidade, outra cidade, editado pola Fundación Pons, toda unha referencia para coñecer polo miúdo como tivo lugar a transformación que fixo de Pontevedra un referente mundial en calidade de vida, mobilidade, seguranza viaria e accesibilidade.
>>>FERNANDO NEBOT
Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos. Redactou numerosos Plans de Ordenación de Mobilidade e Accesibilidade urbana e Mobilidade Sustentable en relación aos seguintes ámbitos:
- Os desprazamentos a pé (Madrid, Pamplona, Casco Vello de Vigo)
- A mobilidade urbana sustentable (Vigo, Verín, Casco Histórico de Betanzos)
- A ordenación da circulación urbana, viandantes e vehículos motorizados (Puerta del Sol de Madrid, Ensanche de Pamplona, Santillana del Mar, Vigo e Verín).
- O transporte urbano en autobús (Pamplona, Vitoria, Almería, Palma de Mallorca, Allariz, Brión e Vigo)
>>>FERNANDA TABARÉS - Moderadora do encontro
Licenciada en Xornalismo pola Universidad Complutense de Madrid, na que tamén realizou estudos de Socioloxía.
Despois de traballar en La Voz de Galicia e Radiovoz do Carballiño e O Ribeiro no 1996 ao 2002 incorporouse como columnista e redactora xefa de Sociedade, Cultura e Televisión no Diario 16.
A partir de 2007 incorpórase de novo ao Grupo Voz, como xefa de sección de Sociedade e Cultura de La Voz de Galicia.
A partir de 2009 colabora en diversos programas de actualidade e lecer da TVG e desde 2016 dirixe V Televisión e o programa de actualidade e análise “Vía V” da mesma cadea. No 2017 foi nomeada directora da produtora Voz Audiovisual e en 2013 foi galardoada co Premio Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual á Mellor Comunicadora.