Encontros
As cidades posibles

As cidades posibles
20 dec
19:00 horas

OS VALORES DA CIDADE

Conferencia de Joan Busquets, Arquitecto Urbanista, catedrático da Urban Planning and Design da Graduate School of Design da Universidade de Harvard (EE.UU.) e diálogo posterior con Anabel Gulías, politóloga e concelleira de Urbanismo, Centro Histórico e Promoción da Cidade do Concello de Pontevedra.

>>>JOAN BUSQUETS

JOAN BUSQUETS

Arquitecto Urbanista, catedrático da Urban Planning and Design da Graduate School of Design da Universidade norteamericana de Harvard . Ata 2002 foi catedrático na Escola de Arquitectura de Barcelona, Director de Urbanismo do Concello de Barcelona nos preparativos dos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992. Desde os anos 90 desenvolve proxectos urbanos en varias cidades europeas como A Haia, Delft, Xenebra, Rotterdam, Toulouse, Toledo e Lisboa entre moitas outras, e tamén fóra de Europa como Montreal, Singapur, Shanghái, Ningbo e São Paulo.

Entre as súas últimas publicacións atópanse: Cities X Lines: A New Lens for the Urbanistic Project (2007), Catalunya continental: rail infrastructure as the backbone for development (2008), Cerdà and the Barcelona of the future (2009), Maastricht – Urban Surplus (2009), Shenzhen (2010), Spoorzone Delft-Railway Zone Public Space Design (2011), Joan Busquets -City in layers - Erasmus prize 2011 (2011), Niewe centrum, Nesselande, Roterdam (2011), Dunkerque projet de réaménagent du centre-ville (2012), Innovative Boulevards in Lisbon (2013), World Architecture Magazine n º 272 WA: Joan Busquets+BAU/BLAU (2013), Barcelona: the Urban Evolution of a Compact City (2014), Toulouse - Identité et partage du centre-ville (2014), Redesigning Gridded Cities - 4 Volume Set: Hangzhou Underlays, Manhattan Framework, Chicago Boundless and Barcelona Collage (2017), Savannah: Rethinking the multi-scalar capacity of the city project (2018) e Chongquing: Searching for regularity as a transformative model in the design of the contemporary city (2018).

Foi galardoado co mundialmente coñecido Premio Erasmus de Holanda en 2011 e con outros recoñecementos coma o Premio Cultural de Arquitectura de Cataluña ou o Gran Premio Especial de Urbanismo en Francia no 2012.

>>>ANABEL GULÍAS

ANABEL GULÍAS

Licenciada en Ciencias Políticas da Administración pola Universidade de Santiago de Compostela, completa os seus estudos co posgrao en Desenvolvemento local e comarcal, e cos cursos de doutoramento en Procesos Políticos Contemporáneos na mesma universidade.

A nivel profesional, desenvolveu a súa experiencia laboral en varios eidos: como docente de cursos de desenvolvemento local e rural na Fundación para Orientación Laboral de Galicia e como xestora de Fondos Europeos de Desenvolvemento en diferentes entidades públicas e privadas. Antes de entrar a formar parte do goberno local de Pontevedra, exercía como xerente do semanario e diario dixital Sermos Galiza.

No ano 2015 incorpórase como concelleira do goberno da cidade, asumindo as competencias de Promoción da Cidade (promoción económica e turismo), Urbanismo, Centro Histórico, usos terciarios dos espazos públicos e Mercado, ademais da vice- portavocía do goberno, cargos que desempeña na actualidade.